1.368 vivendas renovaron as suas fiestras co plan 'Renove'

n n n O Plan Renove de Fiestras 2010 do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), adscrito a Economía e Industria, permitiu mobilizar un volume de investimentos de ao redor de 7,2 millóns de euros mediante a renovación de fiestras en 1.368 vivendas, que se levaron a cabo cos 1.840.775 euros de orzamento con que contou esta actuación, incardinada na aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética.
O Plan Renove de Fiestras é unha liña de axudas cuxo obxectivo é alcanzar melloras significativas na demanda enerxética nas vivendas e nos edificios do sector terciario, mediante incentivos á renovación de ventás, dun máximo do 25% do custo total da obra, cuns límites de 5.000 euros por vivenda unifamiliar e de 100.000 euros por edificios do sector terciario.

Te puede interesar