En medio mes triplícase a cifra de cidadáns que se acollen a este programa para mercar automóbil

1.500 galegos trocan de coche en decembro con 're Móvete'

n n n A mellora das condicións do plan re-Móvete comercial anunciada polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o pasado 1 de decembro, conseguiu que durante a primeira quincena deste mes se autorizasen máis de 1.500 solicitudes, triplicando así as cifras rexistradas durante a mesma quincena do mes pasado.
Este éxito do plan motivou que estean próximos a esgotarse os créditos habilitados, polo que se fixo necesario preparar a activación do sistema de cupos, que estará en vigor de xeito inmediato e que garantirá aos concesionarios a seguridade de que as operacións tramitadas disporán de apoio.

Co impulso acadado na demanda de solicitudes, o Instituto Galego de Promoción Económica ten rexistradas telemáticamente preto de 7.000 solicitudes que permitirán xerar unha facturación ao sector que superará os 105 millóns de euros.

A través do novo plan re-Móvete 2010 G, coas novas condicións de apoio da Xunta e o compromiso do sector, triplicáronse as axudas previstas en principio para dinamizar as vendas de turismos.As axudas son de 2.010 euros para turismos de prezo comprendido entre os 10.000 e os 30.000 euros, e de 1.600 para os coches de menos de 10.000 euros.

Te puede interesar