O BNG pide a comparecencia urxente de Elena Salgado para que explique se se manterá o 'tax lease' ou outro sistema

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou este luns a comparecencia urxente -- neste mes de setembro -- da ministra de Economía e Facenda, Elena Salgado, para que explique 'qué medidas está a adoptar o Goberno para que se manteña o sistema de 'tax lease' --instrumento financeiro-- para o sector naval'.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou este luns a comparecencia urxente - neste mes de setembro - da ministra de Economía e Facenda, Elena Salgado, para que explique 'qué medidas está a adoptar o Goberno para que se manteña o sistema de 'tax lease' -instrumento financeiro- para o sector naval'.

En concreto, e á luz das informacións achegadas por estaleiros de Vigo, a deputada nacionalista pretende que a ministra do ramo 'explique en que consiste a alternativa que o Goberno está a manexar para que o sector naval poida seguir contando con incentivos fiscais á inversión'. 'Podería tratarse dun sistema similar ao que se aplica en países como Francia e o Reino Unido', apunta.

Nun comunicado, Fernández Davila demanda o Executivo central 'axilidade e traballo sen descanso para dar unha solución a este importante sector antes de que se disolvan as Cortes'.

O Bloque realizou numerosas iniciativas no Congreso e no Senado dende o momento en que se coñeceu, a finais de xuño, a paralización ordenada polas autoridades comunitarias sobre o 'tax lease'.

Te puede interesar