Caixa Galicia, única caixa que promocionará o DNI electrónico

Caixa Galicia foi a única caixa de aforros elixida polo Ministerio de Industria para promocionar o uso do DNI electrónico entre os cidadáns. O proxecto consiste en informar e promocionar en España o uso do DNIe mediante a difusión das súas vantaxes e a eliminación de barreiras tecnolóxicas asociadas ao seu emprego.
A banca por internet da caixa galega xa está preparada para poder operar co DNI electrónico e dende setembro de 2009 as operacións realizadas con este documento incrementáronse un 267%. Caixa Galicia é a primeira entidade financeira española que permite a sinatura de contratos para novos clientes mediante o uso do DNIe.

O número de clientes de internet da caixa galega alcanza as 672.263 empresas e familias.

Te puede interesar