A CIG mobilizarase este venres en Ourense contra o peche de oficinas de Novagalicia

A CIG convocou unha protesta este venres en Ourense contra os peches de oficinas de Novagalicia Banco, que será a primeira das mobilizacións a raíz do expediente de regulación de emprego (ERE) presentado para 1.850 empregados na entidade.
Así, o sindicato chama a protestar o venres ás 11.00 horas ante a oficina principal de Ourense. A 'ondada' de peches 'non tería por que ser traumática', posto que 'un terzo do persoal sairá vía prexubilacions', pero 'a empresa non facilita os datos dos postos de traballo a recolocar', sinala a CIG.

Esta protesta será a primeira das mobilizacións e a elección de Ourense débese a que a provincia, con 18 oficinas que pecharán este ano, é a que acumula máis clausuras.

Te puede interesar