Os clientes de Gadis apoian á Asociación Española contra o cancro con 14.507 euros

La compra de tu vida en Gadis
photo_camera La compra de tu vida en Gadis
Gadis agradece a solidariedade dos seus clientes coa campaña “A compra da túa vida”,
impulsada pola AECC para sufragar proxectos de investigación e mellorar a atención dos
pacientes

Os clientes de Gadis realizan unha doazón económica de 14.507 euros á Asociación Española contra o Cancro (AECC). Esta recadación é froito da recente campaña solidaria “A compra da túa vida”, que se levou a cabo entre o 2 e 11 de febreiro en todos os puntos de venda da compañía en Galicia e Castela e León.

Supermercados Gadis quere mostrar o seu agradecemento aos clientes que colaboraron un ano máis con esta acción, poñendo en valor a relevancia do seu xesto altruísta, posto que esta axuda irá
destinada a investigación e o apoio ás persoas diagnosticadas.

Coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, a AECC pon en marcha a nivel nacional esta campaña, á que Gadis uniuse nos tres últimos anos, contando coa colaboración dos seus clientes, que achegaron ao redor de 45.000 euros.

La compra de tu vida. Gadis
La compra de tu vida. Gadis

Impacto positivo nas persoas

Xerar impacto positivo na vida das persoas por medio de iniciativas solidarias é un dos propósitos de Gadis, que vertebra no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa, a través do que presta o seu apoio a colectivos e asociacións que traballan en ámbitos e con perspectivas diferentes: saúde, atención a persoas desfavorecidas, integración sociolaboral etc.

A compañía mantén unha estreita colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, mediante
o patrocinio de eventos de diversa índole, que contribúen a visibilizar esta enfermidade xerando unha maior conciencia social sobre a importancia da prevención, a detección precoz, lograr avances e máis efectividade nos tratamentos e que os pacientes e a súa contorna sintan o apoio de toda a sociedade.

Máis colaboracións

Gadis suma esforzos a outras entidades que tamén están centradas na investigación e en mellorar as
condicións de vida dos pacientes, como Cancer Research Innovation Spain (CRIS) ou a Asociación de
Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

Te puede interesar