Dez empresas levan o 42,73% das adxudicacións públicas en Galicia, segundo a Federación da Construción

Un total de dez empresas concentraron o 42,73 por cento das adxudicacións de obra pública en Galicia durante 2010, que alcanzaron os 2.182 millóns de euros, un 3,78 por cento menos que o exercicio anterior, segundo informou a Federación Galega da Construción.
Esta entidade lamenta a 'excesiva concentración' na adxudicación, xa que, estas dez empresas levaron case 900 millóns de euros, mentres que as 974 adxudicatarias restantes se repartiron 1.200 millóns.

Concretamente, o ránking o lidera Acciona (218,6 millóns), seguida de Grupo Pontes (151,5 millóns), FCC Construción (102 millóns), copasa (93,6 millóns), Vias e Construcións (82,8 millóns), Construtora San José (82,7 millóns), Corsan-Corviam Construcción (63,7 millóns), Thales Rail (52,5 millóns) e Antalis (50,9 millóns).

Do total, a Xunta e o Estado inverten un 30,64 e un 41,98 por cento, respectivamente; mentres que as deputacións apenas chegan ao 5 por cento do total adxudicado e as universidades e outros organismos, un 2,12 por cento. Os concellos experimentaron, respecto ao exercicio de 2009, un descenso próximo ao 40 por cento, pasando de 692 millóns a 423 millóns, contribuíndo cun 20 por cento ao total adxudicado en 2010.

Te puede interesar