Os encoros galegos mantéñense por enriba do 51% da súa capacidade

A reserva dos encoros galegos mantense nos niveis de hai unha semana, e sitúanse por enriba do 51 por cento da súa capacidade, segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio.
Deste modo, a cunca Galicia Costa mantense como a semana pasada en 367 hectómetros cúbicos de auga embalsada e a cunca Miño-Sil segue con 1.551.En concreto, a cunca Galicia Costa sitúase ao 53,7 por cento da súa capacidade, mentres que a Miño-Sil atopa o 51,2 por cento, segundo os datos do ministerio.

En total, os encoros españois están ao 62,4 por cento da súa capacidade total, con 34.705 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que representa un aumento durante este período de 204 hectómetros cúbicos (o 0,4%) con respecto aos niveis da semana anterior.

Te puede interesar