Gerardo Crespo Riestra, novo presidente do Cluster TIC

Gerardo Crespo.
A asemblea do Cluster TIC Galicia elexiu onte a Gerardo Crespo Riestra como novo presidente da entidade. Crespo é presidente do Grupo Azetanet e sucede á fronte do Cluster a Rafael Valcarce Baiget, presidente de Arteixo Telecom.
A elección de novo presidente e membros do comité estratéxico marca unha nova etapa para o Cluster TIC Galicia, aseguraron dende a organización.
O novo presidente sinalou ante a asemblea que iniciará de inmediato un ciclo de conversas con todos e cada un dos membros da entidade, e insistiu en que será un presidente dialogante que respetará as diversas “idiosincrasias e personalidades” que se dan no Cluster.
Crespo apelou á “colaboración xenerosa” de todos os socios e asegurou que construirá sobre o traballo realizado na anterior etapa, facendo protagonistas ás empresas e entidades membros da organización e defendendo os intereses de todos, co obxectivo de “que Galicia teña un sector TIC forte e capaz de tirar da economía do país”. “O futuro crecemento económico fundamentarase en aspectos de valor engadido e o noso sector debe ser protagonista”, asegurou Crespo.

Te puede interesar