Novagalicia Banco abre dende este luns 102 oficinas polas tardes en Galicia, Asturias e León

Oficinas de NCG abiertas por la tarde (Foto: Martiño Pinal)
Novagalicia Banco abre dende este luns 102 oficinas en horario de mañá e tarde en Galicia, Asturias e León, unha das medidas pactadas coa maioría sindical e que permite conservar 290 postos de traballo, segundo a entidade.
Estas 102 oficinas son as primeiras dun total de 190 nas que o banco pretende introducir un 'novo modelo comercial' de atención ao cliente, indicou Novagalicia nun comunicado, no que especifica que de luns a xoves estas sucursais estarán abertas de 8.30 a 14.15 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

A selección das localidades nas que se porá en marcha este novo horario realizouse 'baseándose na demanda estimada' en poboacións de polo menos 10.000 habitantes ou en oficinas con máis de 5.000 clientes. A entidade explicou que se priorizar a cobertura xeográfica, 'de maneira que permita a atención en todo o territorio e maior volume de poboación e negocio posible'.

Nunha segunda fase, apunta, abrirán outras 88 oficinas de Novagalicia polas tardes. De momento, coas 102 que aplican dende hoxe o novo horario, o banco ten oficinas abertas polas tardes en municipios nos que reside o 63% da poboación galega.

A entidade explicou que a apertura pola tarde centrarase no traballo de atención directa e persoal para clientes, xestións con empresas e outras actividades, para o que se exclúen todas as operacións con manexo de efectivo.

Ademais, o banco recorda que foi 'pioneiro' na implantación do horario vespertino a través da marca EVO, coa que opera fóra da área de Galicia, Asturias e León. Un total de 80 oficinas abre dende as 8.30 ás 20.00 horas e o 40% das súas principais contratacións de produtos fanse en horario de tarde.

En concreto, das 102 oficinas que dende agora amplían o horario, dez están en localidades de menos de 11.000 habitantes; 13 en poboacións de entre 11.000 e 15.000; 14 en lugares con entre 16.000 e 26.000; 13 en localidades con entre 27.000 e 75.000; 15 en poboacións con entre 75.000 e 100.000; e 36 en cidades de máis de 100.000 habitantes. En canto aos clientes de pymes, apunta o banco, as 16 oficinas de empresa atendidas por 110 empregados abrirán neste horario.

Te puede interesar