O persoal da Fundación Novacaixa pide 'fluxo de rendas'

O persoal da Fundación Novacaixagalicia, a través dos seus representantes sindicais de UGT, CIG, CCOO, FSIE, ASCA e Independentes, trasladou as esixencias concordadas de xeito unánime logo da asamblea de traballadores celebrada en Pontevedra o día 27 de xuño con respecto ás cuestións de carácter político que afectan directamente á continuidade no tempo da súa actividade.
Os traballadores advirtiron sobre a lentitude con que se están considerando por parte do Executivo galego, que implica o desgaste dos seus recursos e o inicio do seu futuro esmorecemento. Sendo a Fundación Novacaixagalicia patrimonio da toda a cidadanía galega 'non debe ser ignorado nin pola Xunta de Galicia nin polo Goberno central'.

A asamblea de persoal reclamou á Xunta de Galicia que inste ao ministro de Economía, Luis de Guindos, a posta en marcha do seu compromiso de artellar un 'fluxo de rendas' para esta Fundación, despois de deixala sen participación accionarial en Novagalicia Banco.

Te puede interesar