A piscifactoría de Carballedo consolídase

A piscifactoría de Carballedo, situado no concello de Cotobade, consolida a súa contribución á recuperación do salmón nos ríos da provincia cunha producción de dous millóns de xuvenís nos últimos 13 anos. Dende o ano 2000 permitiu una notoria recuperación desta poboación -salmón atlántico-, unha especie propia de Galicia, sobre todo das Rías Baixas.
No último ano soltáronse algo máis de 260.000 xuvenís en distintas fases a partir de máix de 50 reprodutoras estabuladas para os ríos Miño, Lérez e Ulla. De media, aproximadamente un 13% dos salmóns que remontan estos ríos teñen a súa orixe nesta piscifactoría, recordou a Xunta nun comunicado.
O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, explicou durante a súa visita que é preciso consolidar o establecemento das liñas de cultivo de troita autóctona de diferentes zonas da provincia e continuar co estudo da viabilidade das repoboacións con reo. Ademais, recordou que foi nos anos 90 cando a Xunta comezou a labor de cultivo desta especie.

Te puede interesar