Portugal facilita o acceso ao pagamento de peaxes para os visitantes a través dunha páxina web con contido en castelán

O Goberno de Portugal facilita 'de forma intuitiva e clara' a posibilidade de adquirir sistemas de pagamento das peaxes ás persoas que se trasladan a este país a través da páxina web de Estradas de Portugal, segundo informa o Eixo Atlántico, que precisa que se inclúen contidos en castelán.
Segundo explica nun comunicado o organismo transfronteirizo, Estradas de Portugal creou un novo espazo no seu web no que explica 'con claridade' e de forma 'simple' todos os sistemas de pagamento existentes, os tramos afectados, os prezos e outros datos complementarios.

A información está dispoñible en castelán e, ademais, na páxina tamén se pode adquirir o sistema de pagamento elixido, solucionando os problemas que, nese sentido, presentaba o antigo portal.

Á páxina pódese acceder dende a dirección de Estadas de Portugal, http://www.portugaltolls.com/es/web/portal-de-portagens/home, ou a través da páxina web do Eixo Atlántico, www.eixoatlantico.com.

Por outra banda, o organismo transfronteirizo apunta que 'entran en vía de solución outros problemas que limitaban a mobilidade' na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como a demanda de documentación que certifique que o vehículo está asegurado ou a esixencia das guías de transporte.

Te puede interesar