Predicións meteorolóxicas para o sábado: Ceos pouco nubrados, achegándose nubes dende o Sur ao longo do día

Galicia irá perdendo a influencia anticiclónica este sábado, quedando nunha zona intermedia entre o anticiclón e as borrascas situadas sobre o Atlántico. Así, predominarán os ceos pouco nubrados, pero iranse achegando nubes dende o Sur que poderían chegar a deixar algún chuvasco illado a partir da tarde.
Segundo a información de Meteogalicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, os ventos soprarán frouxos de compoñente Sur, con intervalos moderados nos arredores de Fisterra.

As temperaturas non experimentarán este sábado cambios significativos ou terán un lixeiro ascenso, principalmente os valores mínimos.

De este modo, Ourense, A Coruña, Pontevedra, Vigo e Ferrol alcanzarán os 22 graos de máxima, mentres que o resto oscilarán entre os 21 e 15 graos. Pola súa banda, os termómetros descenderán ata 1 grao de mínima en Verín e os demais valores moveranse entre os 3 e 13 graos.

Te puede interesar