Prioridade para a Galicia interior

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo (no centro), con Alfonso Rueda (esquerda) e o delegado territorial para Ourense, Rogelio Martínez
O Igape (Instituto Galego de Promoción Económica) recibiu preto dun milleiro de solicitudes de apoio cuns investimentos proxectados que superan os 100 millóns de euros.
Os grandes investimentos presentados apostan por actividades ou sectores como hostalaría, loxística, fabricación de equipos eléctricos, fabricación de novos materiais, transformación de pedra natural, fabricación de produtos plásticos, automoción ou turismo.

O proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade galega para 2011 aposta polo reequilibrio territorial priorizando o gasto por habitante nas provincias de Lugo e Ourense fronte as de Pontevedra e A Coruña, pois os recursos que destina por habitante nas provincias interiores case duplica ás atlánticas.

Así, a suma dos investimentos da administración xeral e dos entes dependentes supón que o gasto por habitante será o vindeiro ano de 1.051 euros na provincia de Ourense e de 1.033 na de Lugo, case o dobre que o que se destinará ás de Pontevedra (646 euros por habitante) e da Coruña (596 euros).

ESTRATEXIA

Poñer en valor a estratexia de equilibrar o territorio priorizando ás provincias máis desfavorecidas, buscando a cohesión territorial co obxectivo de que a Galicia cidade única, á que se aspira co Plan Estratéxico 2010-2014-Horizonte 2020, permita que un cidadán galego teña as mesmas posibilidades independentemente de onde resida.

O esforzo inversor que fan os orzamentos 2011, na provincia de Ourense, tenden pontes cunha Galicia igualitaria ao destinar per cápita un 70% máis que nas provincias da franxa atlántica.

A 20 de novembro de 2011, o número de empresas que viron os seus proxectos aprobados é de 15.

PROXECTOS A 20 DE NOVEMBRO DE 2011

• Cauner Patrimonial, un hotel de catro estrelas en Ourense con un investimento de 1,739.000 euros.
• Farmacéutica Yebra, en San Cibrao das Viñas con más de 400.000 euros para contar 23 empregos.
• Garriga e Hijos con un investimento de 548.000 en O Carballiño.
• Anibal Metalmetálica Gallega, en San Cibrao das Viñas, un total de 900.000 euros para la fabricación de componentes metálicos.
• Amencer Reciclado, en Ourense, un investimento de 365.000 euros para actividade de baños (spa).
• Landoiros, en Carballeda de Valdeorras, para fabricación de lousa con unha ivnersión de máis de 1,8 millones de euros.
• Freip, en San Cibrao das Viñas, apoio con más de 600.000 euros.
• Grupo Tecnogap Atlántico, en Pereiro de Aguiar, con más de 250.000 euros.
• Implasor Galicia, San Cibrao das Viñas, con más de 380.000 euros.
• Representaciones Chamorro, San Cibrao das Viñas, con 395.000 euros.
•Papelga, San Cibro das Viñas, con 915.000 euros.
• Rafael Palacios, en A Rúa, con 294.000 euros.
• Compost Galicia, en Leiro, con más de 400.000 euros.
• Ebanistería Allariz, con un investimento de 1,6 millones de euros.

Todos estos proxectos supoñen un investimento total que supera os 13 millóns de euros eo mantemento ou a creación de 314 empregos.

Te puede interesar