Proxecto piloto de Economía para modernizar prazas de abastos

A praza de abastos de Bueu, que participa nun proxecto piloto da Consellería de Economía e Industria que ten por obxectivo contribuír á modernización dos mercados e sumar aos seus usuarios á xente máis nova, conta desde onte cun punto de información interactivo no que se pode consultar suxestións de receitas para elaborar cos produtos que están á venda, os servizos existentes na propia praza e información turística da zona, así como menús saudables elaborados por Sanidade.
Ademais de Bueu, participan nesta iniciativa os mercados do Grove, O Porriño, Bueu e Caldas de Reis. O proxecto forma parte da aposta de Economía e Industria por revitalizar e dinamizar os mercados municipais, para convertelos en puntos de referencia para a compra de produtos frescos e de calidade.

Te puede interesar