Os xestores administrativos advirten de que a valoración de inmobles da Xunta non é 'acorde' cos prezos

Os xestores administrativos de Galicia advirten de que os novos valores que dá a Consellería de Facenda aos inmobles non son 'acordes coa baixada de prezos derivada da crise do sector' e engaden, ademais, que 'poden elevar considerablemente a factura fiscal de moitas operacións entre as cales atopan a compravenda de vivenda e as herdanzas', indican nun comunicado.
Nel, mostran o seu desacordo cos prezos que entraron en vigor o pasado mes de agosto ao considerar que 'son só valores teóricos baseados en determinadas variables que non contemplan aspectos concretos dos inmobles, que son os que realmente determinan o seu prezo real', precisan.

Así mesmo, sinalan que os despachos colexiados detectaron un incremento dos requirimentos, 'precisamente por non coincidir as taxacións realizadas polos cidadáns coas valoracións da Consellería de Facenda'.

Por iso, recomenden que non se considere o prezo dado por Administración autonómica 'como único valor indiscutible de inmoble' e recomenda asesorarse cun profesional especializado na liquidación de impostos autonómicos antes de pagar a cantidade reclamada.

Te puede interesar