O xuizo de Fadesa contra Manuel Jove será o día 19 de decembro

O antigo presidente de Fadesa, Manuel Jove, e o ex-conselleiro delegado desta, Antonio de la Morena, están chamados a declarar no xuízo que comezará o 19 de decembro e no que se resolverá a demanda de acción social que presentou Martinsa-Fadesa contra eles, aos que lles reclama 1.576 millóns.
Así o acordou na audiencia previa o maxistrado do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña, Pablo González-Carreró, quen foi o encargado de tramitar o concurso de acredores da inmobiliaria Martinsa-Fadesa, o maior da historia de España.

O litixio que mantén desde marzo o presidente da compañía, Fernando Martín, cos antigos xestores de Fadesa céntrase nunha suposta sobrevaloración de polo menos 37 activos que a empresa presidida por Manuel Jove achegou no marco da fusión por absorción con Martinsa.

Te puede interesar