A Xunta estuda a 'vía xudicial' contra o decreto do carbón

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asegurou onte que a Xunta 'xa estuda' a vía xudicial para defender os intereses galegos, despois da autorización o mércores pola Comisión Europea do decreto do carbón impulsado polo Goberno de España. Guerra mostrou o seu rexeitamento 'completo e contundente' a este decreto e mostrouse disposto a colaborar co Ministerio de Industria, sempre que a aplicación do decreto non teña o 'máis mínimo impacto sobre o emprego directo e indirecto asociado ás centrais térmicas das Pontes e Cerceda' na Coruña.
Segundo a consellería, o responsábel deste departamento esixiu por carta ao ministro de Industria, Miguel Sebastián, que reciba a Xunta e que escoite a súa postura para buscar unha 'solución equilibrada', xa que o Goberno non tivo en conta en ningún momento 'os efectos negativos' do decreto.

Te puede interesar