ENTREVISTA

Emilia López: "Necesitamos xente cos pés noutras realidades"

16.05.15.OS.BRANCOS.EMILIA.LOPEZ.CANDIDATA.PSOE.
photo_camera Emilia López, candidata do Partido Socialista na localidade de Os Brancos, ao fondo.

393 votos obtiveron fai catro anos en Os Brancos o PP e Alternativa Popular Galega, que se faría posteriormente coa alcaldía nun desempate.

393 votos obtiveron fai catro anos en Os Brancos o PP e Alternativa Popular Galega, que se faría posteriormente coa alcaldía nun desempate. Unha historia na que o PSdeG tivo un papel marxinal (0,72% dos sufraxios) e que agora espera revertir da man de Emilia López, que asume ter "todo en contra".

Politóloga reciclada en empresaria, recupera agora a vocación nun escenario pouco propicio para os socialistas e no peor momento para a política. Kamikaze?

Precisamente por todo isto, toca combatir o desencanto e lembrar que a verdadeira definición da política é servir á xente.

Iríanos mellor a todos se os políticos estudasen Ciencias Políticas?

É unha cuestión de honradez, non de formación. Trátase das persoas, e do ambiente de impunidade para a corrupción que se respirou en España durante moito tempo. 'Es muy fácil disparar con la pólvora del rey', dise sempre. Pero creo que isto está a cambiar.

E como se poden traducir todas esas ideas na xestión dun pobo?

O obreiro e o millonario teñen que cubrir as mismas necesidades. Non nos podemos conformar con o que temos, non todo se acaba na Diputación. Debemos ter unha visión global e desterrar esa discriminación xeografíca que ás veces atenaza a Galicia. Porque un veciño de Os Brancos é tan importante coma un da Coruña.

Pero o mundo rural está de liquidación ou ten mercado?

Creo que aínda quedan cousas por desenrolar, e que permitan que a xente poida disfutar dos nosos pobos, que agora mesmo están empobrecidos, envellentados e despoboados. Hai que cubrir as necesidades dos maiores e atopar fórmulas para que os xóvenes non se vaian, ou retornen.

E no PSOE, que?

O partido está mellorando a nivel estatal. Estáse a renovar, atallando o inmovilismo, que é un mal endémico da política. Necesítanse, ncesitamos, xente cos pés noutras realidades.

Volvendo a Os Brancos, a quen lle adicaría unha rúa?

Ao meu avó. Un referente para mín, íntegro e traballador. Nun plano máis xeral, a Castelao.

Deme un titular para o 24-M.

Seguir avanzando xuntos. Porque para que as cousas cambien, todos temos que poñer da nosa parte.

Te puede interesar