ENTREVISTA

Xurxo Rodríguez: "Onde goberna o BNG 
a foto sae estupenda"

photo_camera Xurxo Rodríguez, alcalde de Castrelo de Miño e candidato do BNG, é moi afeccionado á fotografía e ás novas tecnoloxías.

Afeccionado ás novas tecnoloxías e á fotografía o  alcalde de Castrelo de Miño e candidato do BNG, é un caso desenfocado na foto fixa da provincia de Ourense.

Afeccionado ás novas tecnoloxías e á fotografía, Xurxo Rodríguez, alcalde de Castrelo de Miño e candidato do BNG, é un caso desenfocado na foto fixa da provincia de Ourense. É xoven, nacionalista e aspira a repetir maioría absoluta.

Como se explica?

Non chegamos ao goberno por casualidade, senón despois de doce anos de traballo dun equipo forte, unido e moi vinculado ao mundo asociativo. No ano 2007 dinlle o relevo a dous compañeiros como candidato e levamos xa oito anos.

Por que o BNG non é capaz de demostrar noutras partes que onde goberna a foto non sale tan mal?

A foto onde gobernamos é estupenda. Podemos percorrrer os concellos nos que estamos e penso que a impresión de todo mundo é a de que somos bos xestores. Non sei porque non se estende máis porque vese que comezamos gobernando en coalición e no seguinte mandato pasamos a ter maioría absoluta.

Pode acabar velado o carrete do Bloque Nacionalista Galego?

Non o sei, pero para evitalo haberá que tomar medidas extraordinarias. Hai que pensar en reconstituir o nacionalismo galego. Se antes viviamos todos baixo o mesmo tellado, ao mellor agora temos que vivir cada un na súa propia casa pero dentro da mesma aldea e nalgún proxecto electoral realizar conxuntamente as tarefas como se fai no rural. Hai que camiñar cara propostas de coalición ou dun xeito unido nas eleccións.

Vostede quedou?

En Castrelo de Miño tomamos conxuntamente a decisión para manter un grupo cohesionado .

Francisco Rodríguez, Beiras, Quintana, Vence... A quen lle faría un retrato mellor?

Cada un ten o seu proprio retrato na historia do nacionalismo galego. Non habería nin retrato mellor nin peor.

Entende que Vence se presente en Avión?

É unha decisión que tomaron na Executiva en Santigo e non na comarcal do Ribeiro, polo que habería que preguntarlle a eles.

Din que mudou a imaxe de Castrelo de Miño. De que se sinte máis orgulloso e que falta por facer?

Deixamos de darlle as costas ao río e aproveitamos a súa potencialidad. Fixemos unha residencia para maiores, temos un sistema de 'Castrelobus'. Quédanos pendente a escola infantil logo de construír o centro de día e a residencia

En que se diferenza a Toscana do Ribeiro?

En canto a paisaxe e patrimonio non temos nada que envexar, si en xestión turística.

Te puede interesar