¿Es necesario regenerar la democracia?

regener

Varios ciudadanos opinan sobre la necesidad de regenera la democracia, tema que salió a discutir en el debate electoral de los candidatos a la presidencia de la Xunta

Begoña Iglesias Rivera (Auxiliar de enfermería, Ourense)

Precisamos dunha rexeneración urxente nas institucións. Nestes momentos hay cero transparencia por parte dos gobernos e dos partidos políticos. Os cidadáns só sabemos da súa man o que lles convén que saibamos. Nada máis.

Coido que o primeiro paso que se debería dar sería unha reforma da lei orgánica xudicial. Tamén estaría ben que se establceese a alternancia de goberno cada 8 anos. Penso que tamén é necesaria unha especial vixilancia ás portas xiratorias e, por suposto, nada de soldos vitalicios. Se rematan o mandato tamén rematan o contrato. 

Beatriz Márquez Cortizo (Axuda a domicilio, Ourense)

Claro que se debe regenerar la democracia. Es algo muy necesario en nuestra sociedad porque todo el mundo ve que no hay ninguna transparencia. 

Lo que tendrían que hacer para que la gente confiase más sería expulsar y castigar como se merecen a las personas corruptas que ocupan cargos públicos. De esa manera darían ejemplo. 
Los ciudadanos necesitan ver que se toman toman medidas ejemplarizantes. Y no solo con los políticos sino con todos los cooperadores necesarios en las tramas de corrupción, que también hay muchos, como los empresarios, de los que no se habla. 

Gemma Rivero Borrajo (Administrativa, Monterrei)

Eu estou convencida de que se precisa un cambio xa. Claro que hai que renovar a democracia e un dos principais motivos é que non hai suficiente transparencia nela.

Á situación que vivimos con respecto ás tramas de corrupción temos que sumarlle que a xente non se manifesta contra ela. Se nos manifestáramos de verdade igual cambiaban as cousas. Porque é necesario que cambie absolutamente todo. 

Mentres os políticos non se poñan as pilas nese sentido, a xente vai seguir deixando de confiar no sistema que temos e de participar nel. 

Abraham Balbino González (Estudiante, Ourense)

Poderíase centrar todo discurso do cambio no mal que estamos, poderíase limitar a unha mera substitución da clase gobernante. Pero perderiamos o espírito do 15M. Temos que fomentar as cualidades humanaas dos nosos gobernantes poñéndoos baixo o xugo da participación cidadá, da rendición de contas máis alá de pequenas charlas.   A rexeneración democrática pasa por artellar mecanismos de empoderamento popular. O cambio principal non está nos deputados, senon no empoderamento das bases contra esa clase beneficiada que se perpetúa. 

Jonathan Domínguez (Abogado, Ourense)

A crise económica fixo aflorar a crise democrática. Os casos de corrupción, a falta de transparencia ou a única democracia do voto, provocaron unha importante desafección política na cidadanía, que xa non confía nos seus representantes. Para devolver esa confianza é preciso facer cambios na estrutura do poder, dotándoo de mecanismos de transparencia e control, para que as institucións sexan máis democráticas. No tocante á corrupción, son precisas medidas de control eficaces e imparciais e unha lexislación obrigatoria sobre a ética na política. 

Lara Salgado (Periodista, Verín)

A min dame a risa con feito de que o Partido Popular fale de rexeneración democrática e de loitar contra a corrupción cando ten nas súas filas a cargos imputados. Polo tanto, que fale de limpeza un partido que en si mesmo está imputado como institución, algo que é inaudito na historia da democracia, pois tampouco é crible.

Ademáis, non hai que esquecer que o señor Feijóo é un alto cargo do partido a nivel estatal. Así que as leccións de rexeneración democrática e de se preocuparen pola transparencia, que llelas dean a outros. 

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S