ESPAÑA

Os Bolechas conciencian aos nenos sobre "conductas axeitadas" en educación vial

635604674466065043w
photo_camera Un Guardia Civil muestra a los niños como pilotar una moto del cuerpo.

O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, recordou que os nenos de curta idade son o "colectivo máis vulnerable ante os accidentes de tráfico"

O pavillón polideportivo de Bertamiráns, en Ames (A Coruña), acolleu este mércores a presentación da nova campaña da Dirección Xeral de Tráfico, na que os personaxes dos Bolechas concienciarán aos nenos en normas de educación vial para crear "condutas axeitadas no futuro".

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, foron os encargados de abrir, xunto cos personaxes dos Bolechas, esta actividade, na que participaron centenares de escolares de Ames.

Sobre esta iniciativa, Santiago Villanueva destacou a importancia de "concienciar os nenos en educación vial dende temperá idade" para que consideren estas normas algo "natural" e poidan ter "as condutas axeitadas no futuro".

O delegado do Goberno recordou que os nenos de curta idade son o "colectivo máis vulnerable ante os accidentes de tráfico" e que "os primeiros anos son especialmente significativos para a creación de hábitos e coñecementos" na materia.

Polo tanto, eloxiou a elección dos Bolechas para que os nenos aprendan normas básicas en cuestións como ir e volver da súa escola en distintos medios de transporte.

O rexedor de Ames, pola súa banda, evidenciou a "responsabilidade" das administracións e a sociedade en xeral na tarefa de que "a xuventude creza con seguridade" e apostou por "traballar xuntos" para "concienciar os máis pequenos sobre o valor da seguridade vial".

Campaña

A Dirección Xeral de Tráfico, en colaboración co debuxante Pepe Carreiro, elixiu os personaxes dos Bolechas para esta nova campaña, que terá como obxectivo aos máis pequenos. A proposta, iniciada en Ames, terá proxección estatal.

Ademais dos actos cos propios Bolechas, Pepe Carreiro abordou a cuestión a través de cinco historias que incorporan nocións de seguridade vial no traxecto que a familia realiza ata o colexio a pé, en autobús, en bicicleta ou en coche, así como nun paseo pola rúa.

A estes cinco libros sumarase tamén un caderno de actividades e unha páxina web específica onde se poderá obter máis información sobre a iniciativa.

No acto de presentación, ademais dos Bolechas co seu autobús de actividades, participaron todos os medios técnicos da dirección Xeneral de Tráfico, polo que os nenos puideron coñecer os coches radar, as motos da Garda Civil, os vehículos da Policía Local de Ames e ata o helicóptero Pegasus.

Te puede interesar