Pachi Vázquez pide aos socialistas "deixar de enganar a xente" e elixir "a opción menos traumática"

pachiiii
photo_camera Pachi Vázquez

O exdirixente galego criticou o uso por parte da recén disolta Executiva liderada por Sánchez de "todas as revoltas e recursos dos Estatutos" para "tensionar" o partido ao seu favor.

Vázquez cualificou de "trauma" o Comité Federal do PSOE celebrado este sábado, que concluíu coa dimisión de Pedro Sánchez e o seu Executiva e o nomeamento dunha xestora para dirixir o partido. "Foi algo totalmente innecesario. Pedro Sánchez e César Luena sabían o que ía pasar e como estaban as forzas"

O exdirixente galego criticou o uso por parte da recén disolta Executiva liderada por Sánchez de "todas as revoltas e recursos dos Estatutos" para "tensionar" o partido ao seu favor e levalo a "unha esquizofrenia política" coa súa "incapacidade para asumir responsabilidades".

"No partido socialista hai unha norma non escrita que é que cando ganas as eleccións as ganas e cando as perdes pérdelas. O que nunca se deu é que alguén que perdeu as eleccións quixese gobernar. Se ti lle preguntas os teus votantes despois de perder se queren que gobernes, diranche que claro que queren", apostilou.

Ademais, mostrouse confiado en que, malia o "naufraxio do partido" na reunión celebrada onte en Ferraz, esta é "o último tramo do `Via Crucis` político" no que se viron sumidos os socialistas e asegurou que o PSOE "existía moito antes de que chegase Pedro Sánchez" e "existirá moito despois de que se fora".

Aínda así, advertiu que "a convalecencia será longa" e pediu que o vivido esta semana sexa unha "catarse" que leve á renovación do proxecto socialdemócrata e do "edificio socialista". "Preocuparíame que o meu partido celebre un Congreso unicamente para repartirse uns espazos de poder entre determinadas federacións ou territorios. Espero que tocaramos fondo", manifestou.
 

Te puede interesar