Un 20% da poboación de Galicia sufrirá rinite alérxica coa chegada da primavera, segundo alergólogos

Un 20 por cento da poboación de Galicia sufrirá rinite alérxica coa chegada da primavera, debido principalmente aos ácaros do po, que empeoran os días úmeros, segundo explican alergólogos.
 

En concreto, o doutor Joaquín Martín Lázaro, alergólogo de Hospital Quirón A Coruña, alerta que a incidencia deste ano "será intensa", especialmente os días secos, soleados e de vento.

A rinite é un dos principais síntomas alérxicos cos que se atopan os cidadáns nos meses de primavera. Defínese como a inflamación da mucosa nasal caracterizada por un ou máis dos seguintes síntomas: conxestión nasal, esbirros ou comechón nasal.

Esta enfermidade afecta a entre un 3 e un 25 por cento da poboación; cifras que van en aumento nos últimos anos, segundo os expertos. En ocasións, os signos pódense acompañar de sensación de falta de aire, opresión torácica ou sibilancias (pitos), que é ao que se denomina asma bronquial.

Os alergólogos indican que, aínda que ten unha maior incidencia na época primaveral, se desenvolve case todo o ano e nestes meses espera que "sexa intensa" debido ás chuvias do outono e inverno.

Por iso, o doutor Martín aconsella manter as ventás do dormitorio pechadas, viaxar coas xanelas do coche subidas, evitar saídas ao campo en plena propagación e utilizar lentes de sol.

Te puede interesar