De 24 e 27 anos, posuían temporizadores, ventiladores e lámpadas de calor para o seu cultivo.
Dous irmáns de 24 e 27 anos residentes no municipio coruñés de Cariño foron detidos como sospeitosos de cultivar 55 plantas de marihuana, informou hoxe a Garda Civil.
Os mozos detidos tiñan un cultivo desta planta nunha vivenda do núcleo urbano da localidade, precisaron as fontes. Ademáis, posuían cogollos da propia sustancia e dúas landras de haxix, así como diversos instrumentos e efectos para o cultivo da droga como temporizadores, ventiladores, lámpadas de calor ou fertilizantes.
Os feitos foron postos en coñecemento do xulgado de instrucción de Ortigueira.