FOLGA XUSTIZA

O 73% dos traballadores de Xustiza apoian o paro total na folga

636530061781149971m
photo_camera Representantes dos sindicatos de xustiza de Galicia, encerrados en sinal de protesta o pasado mércores na sede do Goberno galego en Santiago de Compostela.

Fontes do comité de folga incidiron en que os resultados das votacións revelan o "cabreo" dos traballadores, o seu compromiso coa folga e que esta non se reduce exclusivamente a un "tema económico"

O 73,3% dos traballadores de Xustiza apoiaron co seu voto que a folga indefinida convocada a partir do próximo mércores día 7 se leve a cabo a través de paros totais, segundo informou na mañá deste sábado o comité de folga.

As asembleas celebradas o pasado venres en cidades e vilas contaron cunha participación do 75,5 por cento do censo formado polos 2.500 traballadores de todos os corpos de Xustiza.

Deste xeito, case as tres cuartas partes dos participantes nas asembleas optaron por que o paro sexa total, mentres que o 19,7% votaron a favor de que a folga se producise en horario parcial. Tamén se emitiron un 5,8% de votos en branco e o 1,1% dos sufraxios foron nulos.

Fontes do comité de folga incidiron en que os resultados das votacións revelan o "cabreo" dos traballadores, o seu compromiso coa folga e que esta non se reduce exclusivamente a un "tema económico" como, din, defenden desde a Xunta.

E é que, segundo estas fontes, a folga sería "igual de efectiva" se se producise de forma parcial, o que faría que os traballadores cobrasen a metade dos seus salarios en lugar de "sacrificar o cento por cento" das súas nóminas como farán agora ao optar polo paro total.

A folga podería estenderse ao verán

O comité de folga volveu a remarcar que continúan abertos á negociación para que non se chegue a producir a folga, convocada a partir do próximo día 7. Nesta liña, avisan que, no caso de que a Xunta non acceda ás súas reivindicacións, están dispostos a levar a folga "até os meses de verán".

Así as cousas, o comité de folga cuestiona se a Xunta "é consciente" do que "aboca" á cidadanía galega en caso de persistir na negación ás demandas dos traballadores.

Te puede interesar