LUGO

Activo un incendio en Xermade con máis de 20 hectáreas afectadas

O lume comezou ás 21,47 horas do martes e permanece activo esta mañá, mentras que outro incendio na mesma localidade xa está controlado. 

Un incendio forestal permanece activo este mércores na parroquia de Roupar do municipio lucense de Xermade, que supera as 20 hectáreas de superficie afectada, mentres que outro na parroquia de Xermade, no mesmo concello, está controlado.

As primeiras estimacións provisionais sitúan a superficie afectada en máis de 20 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio participan dous axentes forestais, tres brigadas, catro motobombas e unha pala.

Pola súa banda, o incendio que afecta a parroquia de Xermade comezou ás 21,30 horas do martes e quedou controlado ás 8,22 horas deste mércores.

Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie queimada supera as 20 hectáreas. Nos labores de extinción participan dous axentes forestais, tres brigadas e tres motobombas.

Te puede interesar