Os afectados por inundacións de Valdoviño (A Coruña) abandonan o encerro pero anuncian que seguirán con protestas

Os veciños afectados polo desbordamento da lagoa de A Frouxeira en Valdoviño (A Coruña), finalizaron o encerro que mantiñan dende hai 16 días na Casa Consistorial do municipio aínda que anunciaron que continuarán coas súas accións de protesta en demanda dunha solución 'definitiva' que evite a inundación das súas vivendas.
A decisión de abandonar o encerro, que mantiveron baixo o slogan 'non somos parrulos, solucións xa', responde ao 'cansazo' acumulado tras dúas semanas continuadas na Casa Consistorial, incluídos os días de Nadal e de Ano Novo. O pasado sábado reuniron preto de 400 veciños de Valdoviño nunha mobilización na que na que se reclamaba que se respectase o medio natural e se evitase a destrución do paseo marítimo.

Aínda que abandonan o encerro, os afectados comunicaron que 'non é un adeus, se non un ata logo', xa que consideran que o 'problema se repetirá tarde ou cedo' e que o desbordamento de lagoa, que é un espazo natural protexido, se volverá producir.

Os veciños consideran que a colocación de sacos de area para crear un dique de contención e a utilización de bombas para achicar a auga que se acumulou na entrada das vivendas non é unha solución definitiva. A medida fora adoptada pola Consellería de Medio Rural, con competencias sobre a lagoa, nunha reunión con técnicos de Augas de Galicia e Demarcación de Costas celebrada en decembro, tras o inicio das protestas.

Fernando Vilar, voceiro dos afectados, explicou este luns que os veciños temen que en caso de que se volvan rexistrar chuvias, o dique de contención non soporte a lagoa e as súas vivendas se inunden. O problema, segundo asegurou, é que as augas pluviais do municipio, que desembocaban na lagoa, agora teñen a saída taponada co dique, polo que poderían 'levantar os sumidoiros' doutras zonas ou vivendas.

'Seguimos mirando con medo ao ceo, porque ninguén sabe como vai responder o dique ante un par de días de chuvia, como hai en calquera inverno en Galicia', engadiu Vilar.

INUNDADOS DE NOITE

As bombas de achique seguen operativas durante estes días. Segundo explicou Vilar, permiten que os accesos ás vivendas 'estean secos de día, pero inundados de noite', e cre que terán que seguir funcionando mentres non baixe o nivel da lagoa.

Os afectados confían en que as mareas vivas que se inician mañá abran unha canle de desaugadoiro natural na lagoa e les 'permita continuar' a 'vida normal que leva máis de 3 semanas truncadas'. Dende a primeira inundación, reclamaron ás administracións que creasen unha canle de saída para a auga que 'aliviase' a lagoa, sen provocar a súa destrución, como se realizara historicamente.

A medida, non obstante, foi rexeitada pola administración. Na actualidade, distintas asociacións ecoloxistas, como Adega ou a Sociedade Galega de Historia Natural, denunciaron ante a Unión Europea o baleirado que se produciu hai tres anos e que provocara que a lagoa quedase practicamente seca.

Para Fernando Vilar, é momento de que 'os enxeñeiros e arquitectos das distintas consellerías deixen de pelexarse entre si e miren polo ben de todos, parrulos e persoas incluídas, e que nos veciños do lago teñen aos seus principais axudantes para coidar este lugar tan privilexiado'.

Te puede interesar