Alfonso Rueda nega que recibira "a chamada de Mariano Rajoy"

O vicepresidente da Xunta comentó que "é normal que se fagan quinielas e saian moitos nomes" de posibles ministros go goberno de España

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou este mércores que é "lóxico" que se fagan "quinielas" e "saian moitos nomes" de posibles ministros do goberno de España, xa que é o momento da "configuración" do Executivo, aínda que negou recibir a "chamada" de Rajoy para formar parte dese equipo.

Así o manifestou, en declaracións aos medios, antes de participar nunha reunión en Vigo, e recoñeceu que, ao igual que o seu nome figura nesas quinielas, "saíron muchísimos". A preguntas dos xornalistas sobre se recibira unha chamada de Mariano Rajoy para sumarse ao Executivo, declarou: "Non, non recibín ningunha chamada".

Con respecto á formación do goberno da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda sinalou que se están a "cumprir os prazos" e que, unha vez que se produza a investidura de Núñez Feijóo a próxima semana, "inmediatamente despois coñecerase o goberno da Xunta".

"Alégrome de que haxa muchísima xente válida, de que saian muchísimos nomes para un goberno e para outro, iso quere dicir que hai canteira e moita xente disposta a traballar", proclamou.

Por outra parte, e cuestionado polos medios acerca das opinións dalgúns maxistrados do Tribunal Constitucional sobre resolucións que implican unha suposta recentralización de competencias, Rueda sinalou que se trata de opinións "moi cualificadas", pero non deixan de ser as de determinados membros do TC, non as do propio Tribunal. "Hai que valorar o que diga o Constitucional, que se pronuncia a través de sentenzas, non o que digan maxistrados concretos", engadiu.

Te puede interesar