O PP rechaza reprobar ó alcalde de Baralla, que dixo que as víctimas do franquismo 'o merecían'

Beiras xustifica a Resistencia pois 'non mataron a ninguén'

Xosé Manuel Beiras E Yolanda Díaz, voceiro e vicevoceira  de AGE. (Foto: ARQUIVO)
O voceiro de Alternativa Galega de Esqueda (AGE), Xosé Manuel Beiras, aproveitou a súa intervención na rolda de prensa posterior á Xunta de Portavoces para sacar a colación da actitude dos populares -segundo el- de 'resolver os conflitos coa represión pura e dura', a condena a integrantes de Resistencia Galega, ao respecto da cal criticou a aplicación de 'leis de excepción' contra persoas que 'aínda non mataron a ninguén'.
Se ben no seu discurso asegurou que o uso de explosivos 'ao mellor rebentou un caixeiro', o cal é 'absolutamente condenable', Beiras cargou fundamentalmente contra o que considera unha falta de 'igualdade' de trato aos cidadáns.

Desta forma, comparou esta condena co feito de que o xenro do Rei, Iñaki Urdangarín, implicado na investigación do coñecido como caso Nóos -por fraude de fondos públicos-, 'sae nas praias e ten o descaro, el que está procesado, de reclamar que se lle retire ao xuíz Castro a causa. Beiras propuxo 'imaxinarse unha nai' con varios familiares en paro e cun fillo, con estudios superiores, ao que lle 'denegan bolsas para continuar coa formación'. E que, continuou, 'resulta que un dos seus fillos que defende ideais, perde o control' e 'ese rapaz exasperado entra en circuítos e acaba collendo unha pota expreso, que ao final non matou a ninguén'.

Con anterioridade, o Parlamento galego rexeitou a pretensión do BNG de reprobar e pedir a dimisión do alcalde popular de Baralla (Lugo), Manuel González Capón, por sinalar que as vítimas da ditadura franquista 'o merecían'. A iniciativa, debatida en comisión, fora presentada pola deputada do Bloque Ana Pontón, e recibiu unha emenda do PP, rexeitada, que contemplaba que fose reprobada calquera manifestación de cargos públicos que xustifiquen asasinatos no franquismo, en xeral, sen citar expresamente o alcalde de Baralla.

Durante o debate da iniciativa houbo momentos de tensión, despois de que a deputada popular Paula Prado reprochase ao BNG e á AGE a súa postura sobre a recente condena pola Audiencia Nacional a varios membros da Resistencia Galega e tamén que vistan camisetas con símbolos comunistas. Ademáis reprochou a Beiras, que hubiese criticado el fallo judicial.

Respondeulle, indignada, Yolanda Díaz, que criticou a Prado a súa 'nefanda comparación do franquismo, a tortura, as mortes que tivemos que vivir; co recente suceso dunha sentenza' á Resistencia Galega.'Quere vostede dicir, señora Prado, que aqueles que defendían a legalidade republicana eran os causantes do golpe de Estado, do levantamento fascista que moitos dos seus dirixentes, como o finado Manuel Fraga, que ten as mans tinguidas de sangue, perpetrou?', preguntouse Díaz.

A socialista Beatriz Sestayo, que respaldou a proposta do BNG, indicou que a unba parte 'importante' do PP 'lle custa separarse do episodio máis arrepiante do recente pasado da nosa historia'.

Te puede interesar