ELECCIÓNS EN MAIO

O BNG preséntase ás europeas para recoller ‘os votos dos que se rebelan'

Ana Miranda, encabeza a candidatura, na que tambén está Suso de Toro.

O BNG presentou onte en Compostela a “candidatura da cidadanía” ás eleccións europeas que se celebrarán o vindeiro 25 de maio co obxectivo de ser "o escano de Galiza na Eurocámara e continuar o traballo en defensa do país desenvolvido nesta lexislatura", segundo dixo Ana Mirada, que volve a liderar a lista da fronte nacionalista.

O portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, encabezou un acto no que Ana Miranda fixo fincapé en que a candidatura "representa a Galiza viva é combativa que se rebela porque está en xogo o seu futuro é fai fronte ás políticas de acoso e derribo da Troika que o PP executa con estusiasmo".

En coalición con EH Bildu e coa intención de volver ter representación e voz en Europa, o BNG presenta unha lista que toca distintos paus da sociedade, como representantes dos estafados polas preferentes, da Plataforma SOS Sanidade Pública, dos afectados polos abusos bancarios, dos emigrantes retornados, dos sectores produtivos máis afectados por Bruxelas, como o agro, a pesca, a conserva, ou naval. Ademáis, conta coa presenza do escritor Suso de Toro e da actriz Isabel Risco, no posto quinto e sexto da lista, como facianas máis mediáticas co gallo de conectar cun electorado que se debate entre as distintas propostas nacionalistas que se presentas ás vindeiras eleccións europeas.

O líder do BNG coruñés e profesor de Dereito, Xosé Manuel Carril, vai de número dous na candidatura e a xoven xornalista da montaña lucense Olaia Rodil ocupará o terceiro posto.

"Vou nesta candidatura porque vivimos un momento de excepción e penso que todos temos que tomar partido fronte a un Goberno que está a destruír a sociedade e a Galiza, e o BNG defende unha sociedade xusta é a supervivencia deste país", afirmou o escritor Suso de Toro, un dos preferidos do ex presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero.

"Estou nesta lista porque o BNG é o único que sempre lle deu voz, voto e presenza ao noso país e hai que cambiar esta UE desde dentro”, engadiu a actriz Isabel Risco. Non é a primeira ocasión na que un actor vai na lista do BNG, xa que o actor Luis Tosar tamén foi nas europeas de 2004 e nas municipais de 2007 por Castro de Rei.

"Serei novamente a eurodiputada do pobo galego, levando este país ao lombo", sentenzou unha entusiasmada Ana Miranda. 

Te puede interesar