ENTREVISTA

“A candidatura do BNG é netamente galega, E o PP quere desviar a atención con infamias"

Ana Miranda (1971, Cuntis) volve encabezar a lista do BNG ás eleccións europeas do 25 de maio. 

Móvese como poucos en Bruxelas, cidade onde chegou como axudante do veterano político nacionalista Camilo Nogueira.



Iusionada?

Si. O acto foi moi emocionante porque a xente que levamos na candidatura é potentísima e representa á sociedade combativa e rebelde que está dicindo non ao PP e ás políticas que marca a Troika.



Ir con Bildu é un acerto ou un erro?

Non se pode tomar como acerto ou erro. A circunscripción obríganos a facer coalicións. A nosa vai ser unha candidatura netamente galega, está formada por persoas de Galiza e non hai nada que ocultar de Bildu, que está formada tamén por Eusko Alkartasuna e Aralar, que xa estaban na coalición Europa dos Pobos. Non deben ser tan malos cando o PP apoia a Bildu nalgúns concellos. Aquí non hai dúbida algunha, senón infamia. Pero a nosa é unha candidatura puramente galega que mira por Galiza.

Que pensa cando alguén do PP di que o BNG vai en coalición con ETA?

Son infamias interesadas. Como ven dixo Xavier Vence o outro día, eles teñen moito que ocultar como a corrupción, os recortes e o franquismo. Demostran poucas maneiras democráticas, pero nós non queremos que se desvíe a atención como quere facer o PP, senón traballar por Galiza en Europa como fixemos e tanto molestou.



Pensa que o nacionalismo galego algún día poderá ir da man?

Era o que queríamos nestas eleccións e polo que traballamos con ilusión para tratar de unir as tres forzas. Por unhas razóns ou por outras non foi posíbel e seguimos pensando que a unidade de acción sería positiva para o país. Nestas eleccións non se deu, pero virán unhas municipais e todo pode pasar. Nós non temos dependencia de Madrid, senón que remata en Pedrafita e no Padornelo. A nosa é unha candidatura independente de Madrid e tamén de Bruxelas e esperamos conquerir moito apoio porque é moi social. Lamentamos que non haxa unha candidatura única e ampla, pero representamos ao país e a lista vai mointo máis lonxe das siglas do BNG. n

Te puede interesar