Cardiólogo aconsella elixir o tratamento inflamatorio en función da duración, dose e situación clínica do paciente

Os cardiólogos deben ter en conta, á hora de elixir un tratamento antiinflamatorio, a duración, a dose e a situación clínica do paciente, así como o seu risco gastrointestinal e do perfil de seguridade do antiinflamatorio. Así o sinalou o doutor José Ramón González Juanatey, xefe do Servizo de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, durante o I seminario web sobre o manexo dos AINE, organizado por Pfizer.
Este encontro, titulado 'Novos conceptos no manexo dos AINE: perspectiva do cardiólogo', contou coa asistencia de máis de medio centenar de especialistas, entre cardiólogos, reumatólogos, médicos de Atención Primaria, de medicina interna e traumatólogos, que seguiron o seminario conectados dende sedes en A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.

Para esta sesión utilizouse información extraida das recentes publicacións nas que se avaliou a seguridade cardiovascular dos AINE en xeral e comparando entre si tanto aos AINE tradicionais coma aos inhibidores selectivos da COX-2. Destes estudios pódese concluír que, xunto con naproxeno, celecoxib é un dos AINE con maior seguridade cardiovascular.

'Á hora de prescribir o tratamento antiinflamatorio máis axeitado é fundamental realizar unha estimación do risco cardiovascular de cada paciente', sinala este experto, quen sinala que, para iso, se debe ter en conta se o paciente presenta factores de risco cardiovascular coñecidos ou se é diabético, se sufriu algún accidente cardiovascular e se é un paciente polimedicado.

Para o doutor González Juanatey, celecoxib demostrou que, fronte aos AINE tradicionais, 'posúe un menor risco de padecer hemorraxia dixestiva e reduce o risco de anemia que, en último termo, se traduce tamén nunha maior seguridade cardiovascular que outros AINE xa que a anemia se asocia cun incremento do risco cardiovascular'.

Te puede interesar