TRIBUNALES

O caso Asunta chegará ao Tribunal Supremo

sas
photo_camera Alfonso y Basterra en una de las sesiones del juicio.

A Sala do Civil e Penal do TSXG ratificou a pena de 18 anos de prisión para Basterra e Porto.

O penalista José Luis Gutiérrez Aranguren, que se encarga da defensa da avogada Rosario Porto, encarcerada polo asasinato da súa filla Asunta nun plan que acordaría co seu ex e pai da nena, o xornalista Alfonso Basterra, tamén en prisión, dirixiráse agora ao Supremo.

Este avogado sinalou  que dará o paso de interpoñer recurso de casación ante a sala segunda do Alto Tribunal tendo en conta que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou as alegacións dos pais da menor, cuxo corpo sen vida foi achado sobre unha cuneta do municipio de Teo (A Coruña) o 22 de setembro de 2013.

A Sala do Civil e Penal do TSXG ratificou a pena de 18 anos de prisión para Basterra e Porto, que foron matrimonio, e contra tal ditame cabía chegar ao TS, algo que ocorrerá no caso dela, cuxa representación legal informa do percorrido xudicial do caso, mentres que a avogada Belén Hospido, cuxo cliente é Alfonso Basterra, mantivo un hermetismo absoluto en toda a causa.

Te puede interesar