O Centro Coreográfico Galego estrea este xoves na Coruña o espectáculo 'Full House'

O Centro Coreográfico Galego estreará este xoves, día 3, no Teatro Rosalía a Castro da Coruña, o espectáculo 'Full House', unha peza de danza contemporánea creada polo coreógrafo sueco Johan Inger para promover en Galicia este tipo de manifestación artística

A nova produción, que se representará tamén o día 4 de abril e á que seguirán unha serie de actuacións durante todo o mes en Cangas, Santiago, Carballo e Pontevedra, foi ideada especificamente para a súa montaxe pola unidade de danza da Xunta, segundo explicaron os seus responsables na súa presentación.

Ao acto asistiron a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; a concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández; a directora do Centro Coreográfico Galego, Mercedes Suárez e o coreógrafo Johan Inger.

Nesta peza, o corpo de baile do Centro Coreógrafo Galego, que integran 12 bailarins, executa "un traballo introspectivo" realizado coa base sonora de distintos fragmentos de musica folclórica húngara de Lajkó Felix.

Tras a súa presentación na Coruña, representarase o día 6 en Cangas do Morrazo (Pontevedra); Santiago de Compostela, o día 7; Carballo (A Coruña), o día 12 e Pontevedra o día 26 de abril.

Te puede interesar