O órgano que preside Pablo Egerique discrepa ata do nome e di que recorta dereitos das mulleres

O CES critica con dureza a Lei da Familia por 'regresiva'

Pablo Egerique (dereita), na presentación da memoria do CES do ano 2008. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
O dictame do Consello Económico e Social (CES), que preside Pablo Egerique, sobre a Lei de Apoio á Familia, critica con dureza a norma promovida pola Xunta a través da Consellería de Traballo e Benestar. As discrepancias escomenzan xa polo nome da propia norma, pois a xuizo do CES debería denominarse 'Lei galega de apoio á familia e á convivencia'.
Para o Consello Económico e Social, a norma semella 'de pouca incidencia práctica, na medida en que se centra na declaración de intencións e principios, pero non nas accións materiais a desenvolver'. Asimesmo, considera que 'se verdadeiramente se quere apoiar á maternidade debe facerse no marco de medidas que teñan en conta non só o aspecto biolóxico, senón tamén social, facendo unha clara diferenciación entre sexualidade e maternidade, incluíndo información neses dous campos, pero respectando a liberdade individual para decidir ser ou non nai'.

Niste senso, o CES rexeita sen ambaxes o emprego da 'terminoloxía da protección, abandonando a linguaxe do empoderamento e dos dereitos das mulleres', toda vez que nun contexto de crise 'non deberían levarse a cabo medias como a redución de servizos autónomos e públicos de igualdade, alegando motivos económicos.

Sostén o Consello Económico e Social que o goberno galego asume de novo que as mulleres 'son un colectivo que debe protexer e dirixir, en vez de garantir que poidan decidir sobre o exercizo da súa maternidade, garantir a lactación e a crianza dos seus fillos e fillas, e garantir que, xunto coas súas parellas poidan compatibilizar a súa vida familiar e laboral'.

O CES considera que se debería engadir a expresión 'núcleo de convivencia' sempre que se mencione o termo familia en todo o texto da lei, xa que 'é menos excluinte co primeiro'. Por núcleo de convivencia entende 'o conxunto de persoas que viven habitualmente baixo o mesmo teito, e que poden estar ligadas entre elas por lazos de parentesco ou afinidade'.

O órgano que preside Pablo Egerique (ex diputado autonómico del PP de 1985 a 1996) amosa o seu rexeitamente á idea de situar a familia como estrutura básica e medio natural de desenvolvemento e crecemento da persoa, así como o obxecto de aplicar unha política que busca directamente a promoción da natalidade. 'Trátase de conceptos dunha profunda carga ideolóxica que, por outra banda, pouco teñen que ver coa idiosincrasia da sociedade galega actual e menos aínda atopan unha xustificación coherente que as sustente'.

Por último, o CES estima que no anteproxecto de lei, no capítulo III ('Das persoas maiores'), tense que ter en conta que na actualidade estase elaborando a planificación no ámbito das persoas maiores, polo que este capítulo 'debería coordinarse coa devandita planificación', que xa foi obxecto de consulta no trámite de audiencia.

Te puede interesar