El Colegio Profesional y la Asociación de Periodistas de Galicia condenan los ataques de DO a periodistas

Comunicado periodistas.
photo_camera Comunicado periodistas.
Las organizaciones, que representan a los periodistas de Galicia, muestran su preocupación por la censura de DO a los medios críticos con la gestión del alcalde y su grupo. "Preténdese coaccionar a profesionais e empresas do sector", alertan.

El Colegio Profesional de Periodistas de Galicia (CPPG) y la Asociación de Periodistas de Galicia (APG) condenan en sendos comunicados los ataques de Democracia Orensana a los profesionales de la comunicación. 

Estos comunicados se han hecho públicos tras anunciar DO esta semana que planteará una moción "contra las conductas delictivas" de "periodistas carroñeros" en su intento por silenciar a los medios de comunicación. 

El Colegio Profesional, "preocupación" por la "censura"

La Junta de Gobierno del Colegio Profesional de Periodistas de Galicia expresa su "preocupación" por la moción presentada. A continuación, el comunicado completo:  

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa a súa preocupación pola moción presentada por Democracia Ourensana para o pleno municipal deste venres, que lle atribúe ao Concello de Ourense a capacidade de xulgar sobre a veracidade da información e podería abrir a porta á presentación de demandas abusivas e á censura indirecta mediante a exclusión de cabeceiras da contratación pública. 

En relación á "Moción para a defensa da información veraz nos medios de comunicación", presentada polo grupo municipal de Democracia Ourensana para o seu debate no pleno municipal de Ourense deste venres 1 de decembro, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere comezar agradecendo a súa preocupación pola veracidade e o rigor informativo. É de celebrar que o mesmo goberno local que recibiu numerosas chamadas de atención por parte deste Colexio por vetos, ataques e desprezos reiterados a calquera xornalista que publicara información que non fora do seu agrado, critique agora o "seguidismo das fontes oficiais" e insista en que "non deben ser os gobernos os que veñan dicirnos que é verdade e que é mentira".

Porén, o Colexio de Xornalistas non pode deixar de expresar a súa preocupación polo feito de que, a pesar desta declaración de boas intencións, a iniciativa posta en marcha por Democracia Ourensana arroga precisamente para a administración local a capacidade de xulgar a veracidade da información e de decidir se esta é lesiva ou non. Resulta evidente que non é o Concello de Ourense, nin as persoas que integran a corporación municipal, quen ten a potestade de decidir sobre estas cuestións, senón que son os tribunais os únicos que poden cualificar unha información como delituosa e, no seu caso, a propia comunidade xornalística, a través dos órganos de autorregulación de que se dote, a que pode estabelecer se cumpre ou non coa deontoloxía profesional. A determinación por parte da administración de que información é considerada "lesiva" ou "veraz" podería dar lugar a un alto risco de interpretación subxectiva, que limitaría de maneira intolerábel o libre fluxo de información.

Independentemente das medidas oportunas que poida tomar a administración para apoiar legalmente os seus membros ou persoal, a proposta da moción de Democracia Ourensana corre o perigo de abrir a porta á proliferación de demandas abusivas como as que se utilizan cada vez máis para silenciar por desgaste a medios críticos. E este é un escenario que non sería beneficioso nin para os e as xornalistas, que terían aínda máis dificultades para levar a cabo o seu traballo, nin para o Concello de Ourense, cuxa reputación resultaría afectada, nin desde logo para os intereses superiores da cidadanía ourensana, que verían como aumenta o gasto público co obxectivo de coartar precisamente o seu dereito á información.

Especialmente preocupante é aínda o terceiro punto da proposta, que insta ao Concello a deixar de contratar con calquera empresa mediática que recibira algunha condena por faltar a veracidade. Ademais do feito de que non se pode estabelecer con quen debe contratar a administración local a través dunha moción, que é un acto administrativo, lembramos que calquera contratación pública está sometida ao ordeamento xurídico, especialmente á Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, que sinala os motivos para excluír a unha empresa, entre os que non se encontran os que pretende aplicar Democracia Ourensana. Restrinxir a contratación de medios de comunicación baseándose en condenas xenéricas equivalería na práctica a unha forma indirecta de censura, ao poder ser utilizado pola administración para repartir dunha maneira non igualitaria o gasto público ás distintas cabeceiras. 

Por todo isto, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia solicita a Democracia Ourensana que retire a súa proposta de moción, dado que significa unha inxerencia intolerábel no labor informativo ou, en calquera caso, pode acabar sendo utilizada para atacar a liberdade de información. 

La Asociación de Periodistas de Galicia: "Preténdese coaccionar a profesionais e empresas do sector"

Por su parte, la Asociación de Periodistas de Galicia rechaza con "rotundidade as acusacións e amenazas do alcalde de Ourense". El comunicado íntegro, aquí:

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) quere rexeitar con toda rotundidade as acusacións e amenazas do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, proferidas prácticamente a diario en intervención públicas e mesmo en sesión plenarias contra xornalistas e medios de comunicación que fiscalizan a sua xestión como a de
calquera goberno ou poder público, como é normal en democracia.

A última iniciativa do rexidor ourensán foi feita pública a través dunha moción para a sua presentación en pleno firmada polo primeiro teniente de alcalde e portavoz do seu grupo, na que se propón a persecución contra medios e profesionais que consideren non afins ós seus intereses.

O devandito documento inclúe tres puntos que os promotores propoñen sexa aprobado pola Corporación, cos que se pretende coaccionar a profesionais e empresas do sector que consideren críticos coa xestión do alcalde e o seu grupo.  Ademáis, pretenden que as arcas públicas financien os custes das accións xurídicas que decidisen entablar eles.

A liberdade de prensa está amparada polo artigo 20 da Constitución e constitúe un bastión para defensa da democracia e do respecto ós dereitos que a sosteñen. Sorprende que o alcalde de Ourense descoñeza ou non teña claro a estas alturas este axioma, so sometido ás excepcións perfectamente definidas e reguladas no ordenamento xurídico vixente.

Por elo, a APG quere facer público o seu respaldo ós profesionais da información e ós medios víctimas das inaceptables formas do alcalde de Ourense, que resultan inéditas en máis de catro décadas de convivencia democrática na sociedade española.

Te puede interesar