O Colexio Oficial de Psicoloxía reivindica un 'sistema público e gratuíto' para a loita contra a violencia de xéreno

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) reivindicou a permanencia dun 'sistema público e gratuíto' para loita contra a violencia de xénero, que sexa 'independente das variacións económicas', xa que 'a violencia coloca as mulleres' en situacións de 'desprotección e inxustiza social'.


Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o día 25 de novembro, os psicólogos galegos mostraron o seu compromiso coa erradicación de calquera agresión física, verbal ou social que sufran as mulleres por parte das súas parellas ou exparellas.

Nun comunicado, o Colexio insistiu na 'importancia' de que as institucións e a sociedade 'colaboren para avanzar na tolerancia cero con todos os tipos de malos tratos'.

No seu escrito, avoga por 'colocarse un paso' por diante' e inculcar o 'total rexeitamento' entre os mozos ante 'calquera actitude ou acción machista'. 'A prevención é unha materia pendente nas familias, nas institucións e nos colexios' concluíron.

En concreto, aluden aos últimos estudios que apuntan que a violencia contra as mulleres segue estando 'moi presente entre os adolescentes'. Por iso, en este 2013, queren facer un chamamento aos mozos que se atopan nun mundo cada vez máis 'interconectado' polas 'novas posibilidades que ofrecen as redes sociais e a tecnoloxía 2.0'.

Ademais, o Colexio Oficial de Psicoloxía recordou que leva máis de dez anos con programas de asistencia integral a mulleres que sofren malos tratos e que desenvolven terapias confidenciais e gratuítas aos homes que se queiran rehabilitar.

Te puede interesar