Consolídase o aforro en farmacia por quinto mes

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, informou ó Consello da Xunta da evolución do gasto farmacéutico, que descende por quinto mes consecutivo, incluíndo 'por primeira vez' xullo, un período no que esta cota tende a crecer.
O Sergas rexistrou un gasto farmacéutico de 75,9 millóns de euros durante o citado mes, un descenso do 5,9 por cento respecto a 2009, cando o importe era de 80,7 millóns.

Farjas sinalou que, ao comezo da lexislatura, Galicia ocupaba a última posición en porcentaxe de envases xenéricos prescritos e en gasto por receita respecto a outras comunidades autónomas, polo que se iniciou un plan de contención de gasto farmacéutico en xullo de 2009.

A Consellería manifestou que os aforros obtidos permitirán inverter noutros ámbitos da sanidade e en iniciativas como a incorporación do custo do tratamento na folla de medicación da 'e-receita' do paciente ou a implantación dun asistente para realizar de modo sinxelo cambios na prescrición polo tratamento máis eficiente.

Te puede interesar