DESAFIUZAMENTOS

A sentenza que condena a Acosta polo desafizamento de Aurelia Rey é nula

O activista de 76 anos non deberá pagar a sanción de 600 euros imposta pola Xustiza. Para a maxistrada, non hai infracción nas mobilzacións polo desafiuzamento de Aurelia Rey.

A titular do Xulgado do Contencioso número 4 da Coruña declarou nula a sanción de 600 euros imposta ao activista social Nicanor Acosta, de 76 anos -coñecido pola súa participación en mobilizacións convocadas por STOP Desafiuzamentos e outros colectivos- polo desafiuzamento de Aurelia Rey.

Así o confirmou a Europa Press a súa letrada, Gloria do Val, tras a vista celebrada o pasado día 13 como resultado do recurso que Nicanor Acosta presentou. Na súa declaración, alegou que se limitou a "defender" o dereito a unha vivenda, o día en que participou nas protestas convocadas polo desafiuzamento de Aurelia Rey, en 2013.

A sentenza "estima integramente a demanda e condena ao Ministerio do Interior a pagar costas", explicou a letrada. Ademais, precisou que "non cabe recurso" e que o fallo entende que o procedemento administrativo sancionador "non respectou os dereitos fundamentais, nin as garantías de Nicanor".

Por outra banda, recalcou que a denuncia policial estaba "enchida de inconcreciones" e que non quedou probado que a conduta de Nicanor durante a protesta "fose constitutiva de infracción". Tras coñecer o fallo, remarcou que, coa sanción, se lle quería xulgar polas súas "intencións". "Non tanto polos meus feitos", apostilou.

"Inculpábaseme de ter intención de convencer ás masas de que había que parar un desafiuzamento e eu non teño poderes para convencer centos de cidad

Te puede interesar