DELITO

En Ferrol: Denuncia o roubo da súa lancha e atopan ao seu cuñado nela dous meses despois

O seu familiar foi sorprendido cun amigo navegando la embarcación. O denunciante enfróntase a unha acusasión por denuncia falsa 

Axentes da Policía Nacional pertencentes á Comisaría de Ferrol-Narón lograron esclarecer unha denuncia presentada por un home o pasado 24 de setembro, na que manifestara ser vítima da subtracción da súa embarcación, que tiña atracada no pantalán situado en Caranza, no municipio de Ferrol.

O denunciante ofrecera os datos técnicos para que os axentes iniciasen a investigación para a súa localización. Foi entón cando o grupo de delitos contra o patrimonio da comisaría ferrolá iniciou as pescudas, que lograron pescudar neste mes de novembro que dita embarcación non fora subtraída tal e como manifestara o denunciante, senón que a estaba usando un familiar seu, concretamente o seu cuñado e outro amigo.

Os coñecidos do denunciante foron sorprendidos polo Servizo Marítimo da Guardia Civil, que interveu dita embarcación e depositouna no almacén do Servizo de Gardacostas de Sada (A Coruña), á espera das correspondentes tramitacións administrativas.


DENUNCIA FALSA

Agora, o denunciante enfróntase a unha acusación por denuncia falsa e simulación de delito, que aparecen tipificadas no Código Penal, e que pode carrexar penas de multa de seis a doce meses.

Ademais, a Policía Nacional soe informar a todos os denunciantes, mediante a inserción dos artigos do Código Penal, nas súas propias denuncias, para evitar posteriores problemas coa Xustiza.

Te puede interesar