A Deputación de Pontevedra estuda asumir o custo do Plan Provincial de Cooperación ante a retirada do Estado

A Deputación de Pontevedra estuda incluír nos seus Presupostos para este ano o financiamento do Plan Provincial de Cooperación (PPC) ante a retirada do Estado.
Ata agora, o Estado achegaba o 40 por cento deste plan. O ano pasado, tivo unha dotación para obras nos concellos pontevedreses de 5,5 millóns de euros, dos cales, a Administración central achegou 2,2 millóns; a deputación, dous millóns; e os concellos, 1,3.

O PPC, permitiu acometer 78 actuacións en toda a provincia como obras de saneamento, abastecementos, servizos básicos; 69 delas en concellos de menos de 50.000 habitantes.

O presidente do organismo provincial, Rafael Louzán espera concretar esta medida nunha xunta convocada para o xoves da próxima semana. Para afrontar ese gasto recortarase o diñeiro destinado a outras partidas e redimensionarse e adelgazará á Deputación 'en servizos propios e impropios que ofrece e reducindo os gastos que soporta'.

Así mesmo Rafael Louzán anunciou a súa intención de crear un segundo plan 'que atenda o gasto corrente e as actuacións prioritarias dos municipios'.

A súa contía, que se definirá na citada xunta, irá en función da situación económica de cada concello e segundo as actuacións preferentes e prioritarias de cada un deles.

'DAR OSÍXENO'

Louzán considerou aconsellable crear os dous citados plans para 'dar osíxeno' aos concellos e sinalou que a Deputación se converterá, con esa medida, nun 'auténtico referente dos concellos en canto a investimentos para atender as necesidades e a prestación de servizos básicos'.

Segundo Louzán, 'todo iso, dentro dun momento en que a redución dos ingresos do Estado no presuposto (da deputación) suporá un 5%' con respecto ao ano pasado, o cal demostra 'a boa saúde financeira do ente provincial, pois pode afrontar estes dous novos plans con fondos propios'.

Te puede interesar