Desarticulada banda organizada autora de 20 roubos en vivendas da Coruña

Unha banda organizada á que se lle imputan unha vintena de roubos en vivendas da área metropolitana da Coruña foi desarticulada nunha operación que rematou con seis detidos.
Os cinco homes de nacionalidade albanesa e a muller, española, serán postos mañá a disposición xudicial, informou a Garda Civil nun comunicado.

Os roubos cometidos nas últimas semanas foron perpetrados en vivendas de Culleredo, Arteixo, Oleiros e Sada, principalmente.

Os detidos, de idades comprendidas entre os 19 e os 26 anos, dispuñan dun piso no barrio dos Mallos no que os axentes do Instituto Armado recuperaron gran cantidade de obxectos roubados, parte dos cales xa foron recoñecidos polos seus lexítimos propietarios.

Tres deles, de nacionalidade albanesa, xa foran arrestados pola Garda Civil a mediados do pasado mes de marzo, acusados dos roubos cometidos en tres vivendas do municipio de Oleiros.

A banda actuaba sempre pola mañá ou a última hora da tarde e accedían ao interior dos inmobles despois do forzar algunha das ventás traseiras da planta ou piso baixo, centrando os seus obxectivos en pezas de xoiaría, en electrodomésticos e en efectos de informática, á marxe, por suposto, de diñeiro en efectivo.

A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

Te puede interesar