Deteñen un mozo coruñés por estragar a propósito cinco coches en Viveiro

Un mozo residente na localidade coruñesa de Arteixo foi detido por danar de forma deliberada cinco coches que estaban estacionados nunha rúa da localidade lucense de Viveiro, informou hoxe a Policía.

O detido, de 26 de idade, identificado coas iniciais Y.R.C., natural da Coruña, é sospeitoso da autoría da agresión aos vehículos estacionados na rúa Rego das Frores, precisaron as fontes.

Os vehículos prexudicados son un Peugeot 307, un Opel Corsa, un Nissan Almera, un Citröen C4 Picasso e un Opel Astra e os danos son principalmente rotura de parabrisas e dos cristais das ventás ou espellos retrovisores, puntualizaron as fontes.

Agregaron que o mozo detido foi posto a disposición do Xulgado de Garda de Viveiro.

Te puede interesar