Detida en Ribadeo (Lugo) unha muller que 'secuestrou' os seus fillos para non llos dar ao seu ex marido

Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Policía de Gijón, adscritos ao Servizo de Atención da Familia, detiveron este martes en Ribadeo a V.E.A.R, de 39 anos, que estaba sendo buscada por secuestro de menores. Sobre os nenos adoptáronse as oportunas medidas de protección.
Segundo informou este Corpo, a muller fuxira de Gijón cos seus fillos e os ocultara para evitar facer efectiva a resolución xudicial que ordenaba a entrega da garda e custodia dos dous nenos ao seu ex marido.

Esta detención prodúcese tras meses intensos de pescudas e xestións, caracterizados polo 'secretismo' e a ocultación absoluta dos menores por parte do ámbito da muller.

A muller pasará a disposición da maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 4 de Gijón, que decretou 'secretas' as actuacións.

Te puede interesar