SUCESO

Detido un home na Coruña por roubar nun bar e por falsificación de matrícula

O suceso produciuse sobre as 22.00 horas na zona do Ventorrillo.

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron un home como suposto autor dun delito de roubo con violencia ou intimidación e outro de falsificación de documento, segundo informa a Xefatura Superior de Policía.

O suceso produciuse sobre as 22,00 horas, cando nun bar da zona do Ventorrillo, entrou un varón cunha gorra, roupa deportiva e sudadera rosa. Tras pechar a porta, pediu que lle servise unha cervexa. Nese momento a camareira estaba soa.

Deseguido, cunha chaqueta na man e simulando levar unha arma escondida baixo ela, díxolle a empregada que lle dese cen euros da caixa ou pegáballe un tiro.

A vítima asustouse pero o asaltante fixo varios movementos deixando ao descuberto o que parecía ser o tapón dunha botella, no lugar onde se supoñía que levaba a arma.

Ante tal circunstancia, a prexudicada encarouse co individuo e mesmo chegou a forcexar con el, ata que o home fuxiu do lugar. Entón, a camareira deu avisou á Policía. Pouco despois, o home foi detido cando conducía un vehículo.

Os axentes decatáronse, ademais, de que as dúas matrículas do coche estaban manipuladas. Varios números e letras estaban alterados cun rotulador, simulando ser cifras e letras distintas das que correspondían coas reais do devandito vehículo.

Te puede interesar