Detido un mozo de Lugo por un delito de exhibicionismo a unha menor

Axentes da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Comisaría de Policía Nacional de Lugo detiveron na tarde do mércores día 22 a un mozo lucense por un delito de exhibicionismo unha menor de 17 anos.
Segundo informou a Comisaría de Lugo, a Policía tivo coñecemento dos feitos tras comparecer en dependencias policiais unha menor en compañía do seu pai para formular denuncia.

Os feitos sucederon no mes de novembro do ano pasado, cando un día a menor, tras regresar do instituto, foi interceptada nas inmediacións do portal do seu domicilio por un mozo de nacionalidade española, o cal, tras baixar os pantalóns e ensinarlle as súas partes, dicíalle que mirase, despois do que a menor logrou escapar do lugar, segundo explicaron as mesmas fontes.

Tras as investigacións practicadas, montouse un dispositivo de vixilancia que culminou coa detención dun veciño de Lugo de 24 anos de idade, sen antecedentes policiais, quen, tras prestar declaración en dependencias policiais, pasou a disposición do xulgado de garda na mañá deste xoves.

ROUBO

Por outra parte, efectivos da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá arrestaron na tarde do mércores a un veciño de O Carqueixo de 39 anos como autor dun delito de roubo con forza, ao ser sorprendido por empregados dunha obra en construción, cando se atopaba no seu interior.

Os axentes compareceron no lugar e despois de comprobar que a porta de acceso á obra fora violentada e o cadeado de seguridade da caseta se atopaba forzado, procederon á detención do autor.

Ao detido tamén se lle imputa outro roubo con forza, acontecido a principios do mes de xuño nunha oficina situada na rúa Anduriñas da cidade. Esta persoa conta con numerosas detencións anteriores por feitos de similar natureza.

Tras prestar declaración en dependencias policiais, o arrestado foi posto a disposición xudicial na mañá deste xoves.

Te puede interesar