Detido un mozo de Pontevedra con antecedentes tras fuxir nun ciclomotor que conducía malia carecer de carné

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un mozo de 21 anos veciño de Pontevedra, e con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico tras fuxir dos policías nun ciclomotor que conducía malia carecer de carné.
Os feitos sucederon sobre as 17.50 horas do sábado cando unha patrulla que participaba en labores de prevención na zona de Mourente observou varios mozos con ciclomotores polo lugar.

Un de eles, ao decatarse da presenza policial, saíu fuxindo do lugar a gran velocidade, tras o que se iniciou unha persecución na que o mozo accedeu á estrada de Ourense sen efectuar un stop, 'poñendo en grave perigo a circulación e provocando que un vehículo que circulaba por esa vía tivese que frear de xeito brusco', explicou a Policía.

Os axentes lograron interceptar o ciclomotor á altura de Ferros Touriño, onde procederon á identificación do condutor, que carecía da correspondente licenza de conducir, non tiña seguro obrigatorio e nunca pasara a ITV.

Por todo iso, os axentes procederon á detención do condutor do ciclomotor por un delito contra a seguridade do tráfico.

A Policía indicou que nun cacheo preventivo, se lle interveu ao mozo un anaco de hachix que portaba nun peto do pantalón, polo que se levantou a correspondente acta por infracción, que foi remitida á subdelegación do Goberno. Mentres, o detido foi trasladado a dependencias policiais para prestar declaración por estes feitos.

Te puede interesar