Detido un mozo veciño de Pontevedra por roubar en varios vehículos no interior dun garaxe

Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría Provincial de Pontevedra detiveron un home de 31 anos de idade con antecedentes policiais, e veciño de Pontevedra, como presunto autor dun delito de roubo con forza en varios vehículos en le interior dun garaxe comunitario.
Os feitos sucederon o pasado día 28 de febreiro cando un veciño de Pontevedra alertou o 091 porque estaba a observar dende o seu domicilio como un individuo desvalixaba varios vehículos estacionados nunha rúa de Lérez.

Ao lugar desprazáronse varias patrullas policiais que, tras entrevistarse co requirente e solicitar datos, comprobaron a veracidade dos feitos e observaron como un dos vehículos aparcado na zona presentaba o marco da porta dianteira apancada. Por todo iso, montaron un dispositivo de busca e localización do presunto autor dos feitos que marchara do lugar nun vehículo.

O dispositivo de busca deu como resultado a localización nas inmediacións da rúa Médica Ballina do vehículo implicado co individuo que respondía ás características achegadas no interior. Así, os axentes procederon á súa identificación e, tras preguntalo por ao procedencia dos efectos que portaba no interior do coche, recoñeceu que acababa de subtraelos.

Entón, os axentes procederon á súa detención por un suposto delito de roubo con forza e incautaron varios obxectos, entre os que se atopaban tres caixas de ferramentas, dous altofalantes da marca Sony, un radio CD marca Sony, unha bandexa con dous altofalantes, unha escuadra de metal, unha caixa negra da marca Fonestar cun micrófono, tres altofalantes, un transformador, un radio CD, un alicates multiúsos, dous desaparafusadores, un par de luvas, un GPS, tres teléfonos móbiles, e unha caixa de cartón con CDs de varios autores.

VEHÍCULO INMOBILIZADO
Debido ao volume de obxectos incautados os axentes efectuaron unha inspección ocular pola zona onde estivera merodeando o agora detido, localizando ata un total de cinco vehículos afectados con signos de roubo e o interior revolvido.

Ademais de todo iso, o vehículo no que circulaba o presunto autor dos feitos carecía de seguro obrigatorio, polo que se deu conta a Policía Local, que procedeu á inmobilización cun cepo e á tramitación da correspondente sanción administrativa. Pola súa banda, o arrestado foi posto a disposición da autoridade xudicial.

Te puede interesar